Tuesday 07 de May de 2024

Os Bolechas voltan a Laxe e estrean unha nova peza teatral


• Ter ós Bolechas en Laxe sempre é un pracer, e con más motivo aínda se cabe MAÑÁ, pois ESTREAN NO NOSO CONCELLO O ESPECTÁCULO: “OS BOLECHAS FAN O CAMIÑO MARCIANO”.

• Será un espectáculo teatral participativo no que o xogo e a diversión se combinan coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro: Loli, Chispa, Tatá, Braulio, Sonia, Pili e Carlos.

Mañá, venres 22 de outubro, ¡CHEGOU O AGARDADO DÍA PARA OS MÁIS PEQUEN@S! co espectáculo “OS BOLECHAS FAN O CAMIÑO MARCIANO”.

Esta actuación forma parte da xira de outono do Programa Falaredes promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, tendo a pracer de que fose Laxe o Concello que inicia esta xira que percorrerá outros 20 concellos de Galicia.

Con motivo da estrea e inicio do percorrido das actuacións dos Bolechas no outono, asistirá un convidado especial: o xefe do Servizo de Coordinación Cultural da Xunta de Galicia, Severino Álvarez Monteserín.